A ANPA do Ceip de Portomarín convoca unha manifestación na defensa da educación

A ANPA do Ceip de Portomarín convoca unha manifestación este venres na defensa da súa educación. O grupo de pais e nais denuncia así a supresión dunha praza de profesora de inglés para este novo curso. A marcha sairá a partir das 12.00 horas do colexio cara a praza do Concello, tamén recollerán firmas nos distintos establecementos do municipio os sábados e domingos, xornadas nas que teñen lugar os Tardeos e os Domingos Folclóricos.