A ANPA do CEIP Plurilingüe de Monterroso celebra o Samaín con xogos e festa infantil

A ANPA do CEIP Plurilingüe de Monterroso vén de anunciar as actividades organizadas con motivo da celebración do Samaín 2025, unha das citas máis esperadas polos máis pequenos do municipio. O programa inclúe dúas xornadas cheas de diversión e espírito festivo.
A primeira será o 31 de outubro, cando a partir das 18.00 horas se celebre o tradicional xogo do truco ou trato polos establecementos da vila, unha iniciativa promovida e organizada polos comercios e servizos locais coa colaboración da comunidade educativa.
A segunda cita terá lugar o 2 de novembro no pavillón do Espazo Cultural Lorenzo Varela, onde se desenvolverá a Festa de Samaín a partir das 17.00 horas. Aínda que este ano non se contará co tradicional túnel do terror, a tarde ofrecerá unha completa programación con merenda, castelos inchables e sesións de pintacaras. O prezo será de 5 euros para as persoas socias da ANPA e de 10 euros para as non socias.