A ANPA do CPI Doutor López Suárez organiza unha festa de Entroido

LugoXa | TerraChaXa
Haberá desfile, concurso de disfraces, globoflexia, pintacaras, merenda e algunha sorpresa máis
anpa-cpi-friol-entroido
20 Feb 2025

A ANPA do CPI Doutor López Suárez de Friol organiza o día 2 de marzo unha festa de Entroido entre as 17.00 e as 20.00 horas no pavillón.

Haberá desfile, concurso de disfraces, globoflexia, pintacaras, merenda e algunha sorpresa máis.

Para participar será necesario anotarse antes do 21 de febreiro no telefono ou no correo da ANPA (679 690 190 ou anpalopezsuarezfriol@gmail.com).

Os socios non terán que pagar pola asistencia pero os non socios teñen unha cota de 3 euros por persoa.

⚙ Configurar cookies
0.15671586990356