A APEHL súmase a campaña ‘Xoga o teu papel na detección do cancro de colon’ da AECC

LugoXa
A campaña ten como obxectivo facer un chamamento á poboación diana para aumentar a participación nos programas de cribado de cancro colorrectal
APEHL-campaña-AECC
10 Jun 2025

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL) súmase a campaña ‘Xoga o teu papel na detección do cancro de colon’ da Asociación Española Contra o Cancro, que ten como obxectivo facer un chamamento á poboación diana para aumentar a participación nos programas de cribado de cancro colorrectal, unha ferramenta clave para a detección precoz e a redución da mortalidade desta enfermidade.

APEHL participa nesta iniciativa coa distribución do material informativo da campaña que consiste en pegatinas para ubicar nos lavabos dos distintas establecimientos de hostalería da provincia de Lugo.

O cribado de cancro de colon está dirixido a persoas con idades comprendidas entre os 50 e os 69 anos, e consiste na realización dun Test de Sangue Oculto en Feces (TSOH), unha proba indolora, non invasiva, que se pode realizar na casa e determina a presenza de sangue non visible nas feces.

Participar en programas de cribado de cancro de colon pode salvar vidas xa que, 9 de cada 10 persoas poden sobrevivir á enfermidade se se detecta a tempo. Ademais, tamén permite detectar lesións premalignas ou pólipos que, nun futuro, pódense converter en tumores malignos. Por tanto, a participación neste cribado tamén permite evitar a aparición do cancro.

⚙ Configurar cookies
0.17327809333801