A área de Cultura da Deputación de Lugo honra a Xosé Vizoso no Día da Ilustración

LugoXa | AMariñaXa
A exposición, que se inaugurará na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, terá como fío conductor a súa relación coa provincia de Lugo
Xosé-Vizoso-Deputación-de-Lugo
23 Jan 2025

A área de Cultura da Deputación de Lugo únese á celebración e difusión da obra de Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950), dedicando ao destacado artista o Día da Ilustración 2025.

O Pazo de San Marcos será o escenario desta homenaxe o venres, 24 de xaneiro, ás 17.00 horas, coa xornada titulada 'Xosé Vizoso, debuxante eterno'. Esta xornada incluirá a proxección da curta documental Xosé Vizoso e Sargadelos, dirixida por Aser Álvarez, así como un coloquio no que participarán Antonio Reigosa, escritor e cronista oficial de Mondoñedo; Alberto Guitián, debuxante e membro do equipo organizador do Día da Ilustración; e Xosé Artiaga, pintor, gravador e artista multimedia.

O coloquio será a antesala da inauguración, o mércores 29 de xaneiro ás 19.00 horas, da exposición Universo Vizoso, comisariada por Aser Álvarez. A mostra estará composta por unha selección representativa da obra de Vizoso, un artista multifacético que se destacou como ilustrador, deseñador, escultor, cartelista, pintor e caricaturista.

A exposición, que se inaugurará na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, terá como fío conductor a súa relación coa provincia de Lugo.

0.16233897209167