A área de participación busca ubicación para ampliar as instalacións do Arquivo Municipal

LugoXa
O Goberno de Lugo está a estudar a viabilidade das instalacións do anexo do Colexio de Albeiros como posible ubicación do depósito do Arquivo Municipal segundo anunciou a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López.
Bng lugo concello
7 Aug 2023

O Goberno de Lugo está a estudar a viabilidade das instalacións do anexo do Colexio de Albeiros como posible ubicación do depósito do Arquivo Municipal segundo anunciou a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López. Na actualidade, “o depósito atópase nunha situación de case plena ocupación, polo que é necesario acometer unha busca dun novo emprazamento” indicou a concelleira.

O estudo da ubicación realizarase nas vindeiras semanas por parte do persoal técnico do Concello de Lugo, “revisarase o espazo para coñecer se é viable ou non que se ubique nesta instalación”, explicou a concelleira de Participación. Esta instalación foi obxecto dunha importante intervención o ano pasado, cando se renovou a cuberta do edificio.

Segundo comentou Cristina López, a xeración de papel é cada día menos, pero aínda conviven os dous formatos, polo que “é necesario o seu arquivo”, insistiu. Así, con esta medida preténdese “atender a unha necesidade fundamental” como é a ampliación do depósito do Arquivo Municipal, declarou Cristina López

0.1503381729126