A artista Silvia Sánchez inaugurou 'Evolución desde a imperfección: Arte, realidade virtual e neurociencia'

A artista Silvia Sánchez inaugurou a mostra 'Evolución desde a imperfección: Arte, realidade virtual e neurociencia' que se pode disfrutar nas instalacións do Museo Interactivo da Historia de Lugo.
Esta exposición, aberta ao público ata o 30 de marzo, propón unha combinación innovadora entre arte tradicional e tecnoloxía avanzada, ofrecendo unha experiencia inmersiva que fusiona pintura, escultura, realidade virtual e neurociencia.
A mostra está formada por sete cadros orixinais de Silvia Sánchez, dos cales cinco están expostos físicamente xunto con dúas esculturas. O que distingue esta mostra é a animación dixital destas obras, que se poden visualizar en 3D e 360 graos mediante lentes de realidade virtual.
A temática principal da exposición é a figura da muller, transmitindo un potente mensaje de empoderamento. A linguaxe pictórica da artista, marcada pola imperfección e a asimetría, invita ao público a reflexionar sobre a beleza inherente á imperfección e a importancia de evolucionar coas nosas fraxilidades e fortalezas.
A exposición tamén presenta os resultados dun experimento pioneiro a nivel global que fusiona arte e neurociencia. Realizado en colaboración con TECNALIA, este estudo midiu a resposta emocional dos espectadores durante a vivencia da experiencia inmersiva, demostrando o impacto positivo que a arte pode ter na sociedade.
"Evolución desde a imperfección: arte, realidade virtual e neurociencia" chega a Lugo despois dunha exitosa itinerancia internacional, sendo parte da Expo City Dubai en 2023, "o que subliña a súa importancia e interese, ademais da innovadora natureza deste proxecto", destacou a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro.
A concelleira animou á cidadanía a visitar "unha exposición excepcional, unha oportunidade única para experimentar a confluencia entre arte tradicional e tecnoloxía dixital, e reflexionar sobre o papel fundamental da arte na sociedade contemporánea".