A artista Teresa Larios inaugura a súa exposición 'Una niña con tetas' en Lugo

LugoXa
Nela, a artista fai unha representación da súa infancia mediante o uso da cerámica e a poesía
Teresa-Larios-artista-cerámica
12 Dec 2024

Este venres, 13 de decembro, inaugurarase a mostra’ Una niña con tetas’ da artista Teresa Larios na Galería Solaina de Lugo a partir das 18.00 horas.

Nela, a artista fai unha representación da súa infancia mediante o uso da cerámica e a poesía, apoiándose transversalmente noutras disciplinas como a pintura ou o téxtil.

A exposición configurase como unha casa de bonecas á que a artista convida a entrar neste universo íntimo que ela crea e a través do cal procura unha compresión do mundo.

A infancia convértese no eixo central da práctica creativa para dar resposta as cuestións esencias da vida. Deste xeito, volta ao fogar de cando era unha nena, debido a importancia que este ten para ela nesa etapa vital.

Toma o obxecto como unha representación dese lar, creando diferentes elementos que se van acumulando polo espazo expositivo. Estes obxectos van construíndo a casa, a ela, e falan da importancia da beleza ante a homoxeneización do mundo ou da precarización na que ela tamén vive.

Madurez, espertar do xuízo, a identidade son outras reflexións que nos propón ‘Una niña con tetas’, unha exposición na que xogar e reflexionar, unha gran casa de bonecas na que pensar.

Teresa Larios unha coruñesa afincada en Lugo, formada en cerámica na ESAD Ramón Falcón de Lugo, creadora multidisciplinar que traballa dende a pintura, o fanzine ou a foto, mais que ten a cerámica e a poesía como vértebras de todo o seu traballo.

⚙ Configurar cookies
0.21709489822388