A Asemblea Aberta da Plataforma Feminista de Lugo terá lugar o 21 de xuño

LugoXa
A convocatoria pretende fomentar a participación activa, a reflexión colectiva e a organización social
Plataforma-Feminista-25N-Lugo
17 Jun 2025

A Plataforma Feminista de Lugo convoca unha Asemblea Aberta o vindeiro venres, 21 de xuño ás 11:30h, nos Xardíns do Museo Provincial de Lugo.

O acto está aberto a toda a cidadanía interesada en participar nas accións, debates e propostas do movemento feminista local.

A convocatoria pretende fomentar a participación activa, a reflexión colectiva e a organización social arredor das loitas feministas, nun espazo ao aire libre e accesible para todas as persoas.

Esta xuntanza forma parte das dinámicas habituais da plataforma, que busca unha sociedade máis xusta e igualitaria desde a acción cidadá.

⚙ Configurar cookies
0.16500186920166