A asemblea do BNG debate a súa postura respecto á construción da rolda leste e reúnese con Adega

LugoXa
O BNG trata na súa asemblea a postura respecto da construción da ronda leste para Lugo e contactará con diferentes entidades
BNG Rolda Leste
24 Xan 2023

A asemblea do BNG avalia a execución da rolda leste e das consecuencias deste vial para a cidade de Lugo segundo anuncio o seu voceiro Rubén Arroxo. A Xunta pretende a construción deste vial con 2,8 km entre a LU-530 e a N-VI. Tratase de dúas calzadas de dous carrís, con mediana de separación entre eles, e importantes estruturas na execución do seu percorrido que afectarán as carballeiras do río Rato e tamén á parroquia de Bosende.

Preténdese pechar un cinto de circunvalación de Lugo que, en moitos casos, duplicará os actuais  accesos cara ao hospital Lucus Augusti. O obxectivo é aprobar na primavera de 2023 o expediente de información pública e o proxecto de trazado, convocar no outono os actos expropiatorios, e ao tempo traballar no proxecto de construción para, finalmente, proceder á licitación das obras da Rolda Leste.

"Existe unha preocupación en diversos colectivos" manifestou o voceiro do BNG e engadiu "é o momento de abrir un debate sobre a súa necesidade e de concretar se esa é a forma correcta para abordar a construción de determinados tramos do vial". A rolda leste afectará aproximadamente a 1 km de carballeiras no entorno do río Rato e por tanto afectará dunha forma severa á periferia da cidade de Lugo.

O voceiro municipal, Rubén Arroxo, e integrantes do BNG mativeron xa unha xuntanza coa directiva de Adega para analizar os efectos desta construción. A organización ecoloxista solicitou xuntanzas con todos os grupos políticos representados no concello de Lugo e tamén do delegado da Xunta de Galiza. 

Ademáis o BNG establecerá contacto con diversas entidades para coñecer os efectos que terá esta nova vía sobre os sectores afectados, na cidade e no seu entorno. "A xuntanza con ADEGA fixou a posición do colectivo ecoloxista e dos danos que provocará na masa árborea e  no entorno natural da nosa cidade" manifestou o voceiro do BNG.

0.19018888473511