A asociación A Cambela organiza a Romaría de Cerexeido, en Cervantes
A asociación A Cambela organiza a Romaría de Cerexeido, en Cervantes, o vindeiro 27 de xullo. Comezan o programa coa actuación de Os Xardois a partir das 13.00 horas que tamén estarán na procesión. Xa pola tarde terá lugar un obradoiro de cestaría a partir das 16.00 horas e unha obra teatral que se poderá gozar no interor da igrexa da man de Lilateatro.
Seguiralles, as actuacións de Axeigo e Os Gaioleiros a partir das 18.00 horas. tamén haberá inchables gratis para nenos e nenas e outras sorpresas a partir das 19.00 horas. Pelayo Acordeonista actuará tamén ás 20.00 horas e, posteriormente, será a quenda de Dúo Gaia e Millennial Dúo a partir das 23.00 horas. A cita conta coa colaboración da Deputación de Lugo, da Unesco e de Os Ancares Lucenses.