A asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde organiza unha ruta pola parroquia de Barredo

LugoXa
A asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde organiza unha nova ruta.
parroquia_barredo_castroverde
3 Abr 2024

A asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde organiza unha nova ruta. A través do percorrido, que terá lugar o vindeiro sábado 13, darase a coñecer a parroquia de Barredo. Os interesados en participar deben comunicar a participación antes do día 9 de abril.

A ruta é circular, duns 8 quilómetros. O custo da actividade é o prezo o xantar a base de empanada e lacón na escola de Barredo. A actividade comeza en Barredo ás 10.00 horas. Xa a e cuarto comezarase o percorrido pasando por Vilar dos Naraos, a Pena Branca, Vilaxurxo, ata Barredo. A partir das 14.00 horas terá lugar o xantar e, xa pola tarde, a partir das 16.00 horas desenvolverase un debate arredor da instalación do parque eólico.

0.059701919555664