A asociación Andarela do Corgo organiza unha excursión a Lourdes en xuño
A asociación Andarela do Corgo organiza unha excursión a Lourdes en xuño
A asociación Andarela do Corgo organiza unha excursión a Lourdes para os días 15, 16, 17 e 18 de Xuño do 2023.
O primeiro días realizarase a viaxe dende O Corgo ata Zaragoza. para visitar o teatro romano, o palacio da Aljafería, a Basílica do Pilar, a Ponte de pedra e igrexas de estilo Mozárabe.
O segundo día será a chegada a Canfranc onde se visitará a antiga estación de tren de Cancfranc e as Covas de Bétharram. Tamén se realizará a viaxe a Lourdes.
Xa en Lourdes os asistentes á excursión poderán visitar a Gruta das revelacións, a Basílica da Inmaculada Concepción, o Santuario da Nosa Señora de Lourdes, a Casa de Bernadette, o Castillo de Lourdes e acudir á Procesión nocturna das antorchas.
O último día realizarase a viaxe de regreso con para en Vitoria para visitar o casco histórico da cidade e o parque da Florida.
Para máis información e inscricións no teléfono 638055430