A Asociación Antonio Gandoy celebra a festa de fin de curso no Campo da Feira de Gomeán

LugoXa
O evento dará comezo ás 17:00 horas e contará con diversos espazos de xogo adaptados para nenos e nenas menores de seis anos e as súas familias
campo-da-feira-Gomean
26 Jun 2025

Con motivo da celebración do fin de curso 2024-2025, a Asociación socioeducativa Antonio Gandoy (Preescolar na Casa) organizará este xoves, 26 de xuño de 2025, a súa festa de fin de curso no Campo da Feira de Gomeán.

O evento dará comezo ás 17:00 horas e contará con diversos espazos de xogo adaptados para nenos e nenas menores de seis anos e as súas familias.

Nestes recantos, as crianzas poderán experimentar e desfrutar con múltiples materiais que favorecen a manipulación, a creatividade, a solidariedade, a tolerancia e outros valores fundamentais para o bo desenvolvemento infantil. A programación inclúe obradoiros, xogos, música e actividades de experimentación que pretenden pechar o curso con alegría e aprendizaxe.

Ao longo da tarde participarán tamén as familias que durante o ano formaron parte dos Espazos das Familias, un programa semanal que se levou a cabo en diferentes concellos das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

Ademais, ás 18:00 horas estará presente a autora de literatura infantil Ana Meilán, que ofrecerá un contacontos e realizará asinaturas dos seus libros.

⚙ Configurar cookies
0.1759340763092