A asociación Antonio Gandoy celebra o Entroido no Mercado de Lugo

LugoXa
A asociación socioeducativa Antonio Gandoy celebra o Entroido esta tarde a partir das 17.
8 Feb 2024

A asociación socioeducativa Antonio Gandoy celebra o Entroido esta tarde a partir das 17.30 horas no Mercado de Lugo, coas familias que teñen crianzas menores de seis anos e que participan nos Espazos das Familias. A través desta proposta poñerán en valor os aspectos didáctico-pedagóxicos desta festa.

Os participantes poderán gozar da actuación da Ce orquestra Pantasma e, a partir das 18.30, da iniciativa Corrémolo Entroido polo Mercado. Os interesados poden traer merenda e manta

A asociación socioeducativa Antonio Gandoy é unha entidade sen ánimo de lucro, nacida no ano 2013, despois da desaparición da Fundación Preescolar na Casa. Forman un colectivo de educadoras que manteñen a iniciativa que comezou a súa andadura polo territorio galego no ano 1975, e que chegou a atender a máis de 5.500 familias durante un curso, repartidas por todos os recunchos xeografía.

A asociación recolleu a testemuña deixada por Preescolar na Casa, co único fin de seguir a senda iniciada e que os principios tan honestamente defendidos por aquel proxecto e, nomeadamente polo seu fundador e ideólogo Antonio Gandoy Díaz.

0.2094361782074