A Asociación Axel impulsa a campaña Comprométete con Lugo 2 para fomentar o pequeno comercio

A Asociación Axel desenvolveráo proxecto Comprométete con Lugo 2, unha iniciativa que se enmarca nas subvencións para proxectos de dinamización económica concedidas polo Concello de Lugo.
O obxectivo é incentivar as compras no pequeno comercio e fortalecer o tecido económico local a través dunha campaña que combina participación cidadá e compromiso coa cidade.
A acción contará con dúas citas destacadas: o mércores 19 de novembro, de 16:30 a 19:30 horas, na Praza da Milagrosa, e o luns 24 de novembro, no Km0 de Fontiñas, nos mesmos horarios. Con esta proposta, Axel e o Concello de Lugo buscan promover o consumo responsable e reforzar o valor do comercio de proximidade.
O posto da campaña Comprométete con Lugo instalarase coa presenza dos aneis como símbolo de compromiso. Calquera persoa que se achegue ao posto cun tícket de compra nun establecemento local, con data posterior ao 1 de novembro, recibirá un agasallo de balde.