A Asociación Cántigas e Frores prepara a Feira do 48 en Lugo para finais de xuño

LugoXa
Este festival de fin de curso reunirá actuacións das escolas, os grupos oficiais da asociación, postos de artesanía e concertos
feira-do-48-cantigas-e-frotes
12 Jun 2025

A Asociación cultural Cántigas e Frores organiza para os días 27 e 28 de xuño de 2025 a edición 48 da súa tradicional Feira, un evento que xa se consolidou como unha das citas culturais máis esperadas na cidade de Lugo.

Este festival de fin de curso reunirá actuacións das escolas, os grupos oficiais da asociación, postos de artesanía e concertos, ofrecendo unha completa proposta para celebrar a festa da cultura popular e o patrimonio galego.

Músicos, artesáns, bailadores e mestres de prestixio compartirán espazo para poñer en valor a riqueza do patrimonio material e inmaterial de Galicia.

A área de Cultura do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaboran nesta iniciativa, que promete ser unha experiencia única para o público de todas as idades.

⚙ Configurar cookies
0.17246198654175