A Asociación CTNNB1 celebra unha xornada para darse a coñecer en Outeiro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
[img]1|55|left[/img] A Asociación CTNNB1 acolle a familias con fillos e fillas afectados polo Síndrome do mesmo nome.
sindrome-CTNNB1
Cartel CTNNB1
27 Xuño 2024

A Asociación CTNNB1 acolle a familias con fillos e fillas afectados polo Síndrome do mesmo nome. Para darse a coñecer organiza para o sábado 29 de xuño a súa primeira xornada solidaria co fin de axudar a todas as familias afectadas por este síndrome, ofrecéndolles información, orientación, apoio e todo aquilo que poidan necesitar.

O síndrome CNTNNB1 é un trastorno grave de orixe xenético causado pola mutación espontánea dun xene. Os nenos e nenas afectados presentan microcefalia, discapacidade intelectual, espasticidade, baixo ton muscular no tronco e dificultades de visión, fala e equilibrio, entre outros. Actualmente existen 2 casos en Lugo e un na Coruña, 34 en toda España.

A xornada dará comezo ás 11:00 horas no pavillón municipal de Outeiro de Rei (de 10:00 h a 10:45 h será a recollida de dorsais).

Ao longo da mañá celebrarase a carreira de adultos, seguida da andaina popular e a carreira infantil, rematarase coa entrega de premios e sorteo. A partir das 13:00 h, as persoas participantes poderán asistir á sesión vermú e á comida popular. Xa pola tarde, a partir das 16:30 h, pequenos e maiores poderán gozar do resto de actividades: xogos infantís, manualidades, contacontos e do triangular de fútbol sala. As persoas asistentes rematarán a xornada cunha cea popular e sesión DJ.

Todas aquelas persoas que queiran asistir poderán formalizar a súa inscrición de forma presencial na Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei ou na Librería A Praza de Meira. Para poder facelo en liña deberán escanear o código QR que aparece na imaxe do cartel onde serán dirixidos á plataforma habilitada a tal efecto.

Para máis información asociacio

xornada-solidaria-outeiro-de-rei-cartel
0.12125492095947