A Asociación Cultural de Recreación Histórica Cohors III Lucensium presentou a súa moeda

LugoXa
Nesta ocasión, a peza inclúe unha representación da Muralla Romana, con motivo do 25º aniversario de declaración como Patrimonio da Humanidade
Entrega-da-moeda-da-Cohors-á-Deputación
10 Jun 2025

A Deputación recibiu a moeda oficial da Asociación Cultural de Recreación Histórica Cohors III Lucensium para o Arde Lucus 2025.

Nesta ocasión, a peza inclúe unha representación da Muralla Romana, con motivo do 25º aniversario de declaración como Patrimonio da Humanidade; o emperador Aureliano; e un xabaril, que é o símbolo da Cohors.

Durante o encontro, que tivo lugar no campamento da Cohors III Lucensium instalado diante da Casa Consistorial de Lugo, García Porto recordou que “esta é unha das principais asociacións de recreación histórica de Lugo que tivo presenza desde o comezo desta festa hasta hoxe”.

A deputada recordou tamén que “desde a institución provincial valoramos moi positivamente esta celebración por todo o que significa para a cidade de Lugo e para todo o conxunto da provincia tanto polo recoñecemento da súa historia, como polo que implica a nivel económico”.

⚙ Configurar cookies
0.12748098373413