A asociación da Milagrosa porá en marcha este domingo a caravana da Operación Quilo
A tradicional caravana da Operación Quilo que promove a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa percorrerá este domingo 17 de decembro de 2023 as rúas do barrio para pedir solidariedade cos veciños máis necesitados.
Trátase da 32 edición, aínda que esta acción social nace sobre os anos 60, ideada polo párroco José Varela España, sendo das primeiras que se realizan en España, e despois do seu falecemento, arredor do ano 92, a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa recupera este acto de solidariedade coa mesma fin, que a xente doe alimentos para repartir entre as familias máis necesitadas do barrio.
Así, este domingo 17 de decembro de 2023, terá lugar a saída da tradicional Caravana da Operación Quilo, que organiza a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa e que partirá da praza Agro do Rolo arredor ds 10.00 horas e percorrerá o barrio da Milagrosa e os seus arredores.
Desde hai varios días hai colocadas caixas de recollida de alimentos nos seguintes supermercados Gadis da rúa Ourense e avenida da Coruña, e Eroski da rúa Milagrosa e Camiño Real.
O obxectivo é recoller máis de 5.000 quilos de alimentos que serán repartidos a unhas 400 familias en bolsas de ao redor de 14 kg cada unha.
A entrega tanto de alimentos como de roupa realizarase a partir do 27 de decembro de 2023, e posteriormente entregaremos os xoguetes para partir do 2 de xaneiro de 2024.