A Asociación da Milagrosa reclama ao Concello solucións ás fallas de iluminación en varias rúas do barrio

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa trasladou á Concellería de Infraestruturas e Mobilidade as queixas acumuladas nos últimos meses por parte de numerosos residentes e negocios do barrio, especialmente das rúas Guardias, Curros Enríquez e outras contiguas. Segundo explican, veñen detectándose apagamentos intermitentes no alumado público que deixan un dos lados destas vías con escasa visibilidade.
A entidade afirma descoñecer as causas que están detrás destes fallos, pero subliña que esta situación está xerando unha crecente sensación de inseguridade entre os veciños e veciñas que empregan estas rúas a diario, ademais de repercutir negativamente nunha área que concentra unha importante actividade comercial.
Por este motivo, a asociación solicita ao Concello que realice unha revisión completa das instalacións de iluminación, identifique a orixe dos problemas e adopte as medidas necesarias para evitar que estes apagamentos continúen producíndose no futuro.