A Asociación de Amas de Casa San Tirso de Palas de Rei está a construír unha árbore de Nadal

LugoXa
A árbore, feita en croché, mide case catro metros de alto e na súa base está dotada de case seis metros de perímetro
Asociación-de-Amas-de-Casa-San-Tirso-de-Palas-de-Rei
10 Nov 2024

A Asociación de Amas de Casa San Tirso de Palas de Rei, a través do seu obradoiro de manualidades e artes creativas, está a desenvolver unha iniciativa propia consistente na elaboración dunha árbore de Nadal, de gran tamaño, que será exposta este nadal na Praza do Concello de Palas de Rei.

Dende hai varios meses, as integrantes da Asociación afánanse tecendo a la, para cada un dos detalles que conformarán esta árbore feita en croché, que mide case catro metros de alto e na súa base está dotada de case seis metros de perímetro.

A Asociación presentoulle a iniciativa ao Concello de Palas de Rei e “este amosouse moi colaborador, facilitando o traballo e asumindo os custos do material e preparación da estrutura” destaca Marisa López Martínez, directora da iniciativa e profesora do Obradoiro na Asociación de Amas de Casa San Tirso de Palas de Rei, quen a súa vez destaca o “gran traballo que hai detrás e as moitas horas invertidas para facer o vindeiro nadal un pouco máis fermoso”.

0.20295000076294