A Asociación de Fibromialxia de Lugo (ALUFI) leu un manifesto no Pazo de San Marcos

A presidenta da Asociación de Fibromialxia de Lugo (ALUFI), Mariluz Somoza, e diversos membros do colectivo leron o manifesto con motivo do Día Mundial da Fibromialxia e do Síndrome de Fatiga Crónica no Pazo de San Marcos.
O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitou a mesa informativa e de cuestación instalada na sede provincial, e destacou o compromiso da Deputación coas persoas afectadas pola fibromialxia e o síndrome de fatiga crónica, enfermidades que, na súa maioría, afectan a mulleres, que representan o 95 % dos casos.
A institución provincial realiza unha achega anual de 3.000 euros a ALUFI, para apoiar a organización de actividades como obradoiros de memoria e relaxación, manualidades, terapia vascular, ximnasia de recuperación, así como xornadas e charlas informativas dirixidas a persoas afectadas por estas enfermidades.