A Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo impulsa os obradoiros do programa Galatea

A Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo (AELU), coa colaboración da Deputación de Lugo, pon en marcha unha nova edición do programa Galatea, unha proposta de formación e crecemento persoal que se desenvolverá entre setembro e decembro.
A programación inclúe unha ampla variedade de obradoiros gratuítos, todos con prazas limitadas, nos que se combinan actividades creativas, de benestar e de apoio ao emprendemento. O calendario arrinca o 27 de setembro cun taller de autoconfianza asistida con cabalos en Monforte de Lemos, con saída en bus desde Lugo.
En outubro celebrarase un obradoiro de fotografía con móbil (día 2), un de xestión de redes sociais (día 16) e outro de aromaterapia (día 24). En novembro será a quenda da cerámica (día 14), do bordado (día 24) e do coaching para contextos empresariais e emprendedores (día 28). Finalmente, o programa pecharase o 16 de decembro cun taller de mindfulness para a redución do estrés.