A Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo promove o nacemento dun mercado con alma 'vintage'

LugoXa
A música en directo, o ambiente de tardeo e unha barra contribuirán a crear unha atmosfera animada e acolledora durante toda a xornada
mercado-nostalxia-AELU-lugo
5 Jun 2025

A Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo impulsa unha nova iniciativa: The Market – Nostalgia, un mercado con espírito vintage que se celebrará o xoves 26 de xuño na rúa Quiroga Ballesteros.

O evento desenvolverase de 10:00 a 20:00 horas e nace co obxectivo de dinamizar o comercio local, fomentar o emprendemento e recuperar o pracer de vivir a cidade na rúa.

The Market – Nostalgia contará con diferentes zonas para todos os gustos: espazo gastronómico, moda e comercio, segunda man e vintage (aberto tamén a particulares), ademais dunha área dedicada á artesanía.

A música en directo, o ambiente de tardeo e unha barra contribuirán a crear unha atmosfera animada e acolledora durante toda a xornada.

Desde a organización animan a todas as persoas emprendedoras ou con negocio a participar e aproveitar esta oportunidade para dar visibilidade aos seus produtos ou servizos. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Para participar cómpre enviar un correo canto antes a nostalgiamarketoulet@gmail.com.

⚙ Configurar cookies
0.16908001899719