A Asociación de Trapero Pardo pide ao Concello unha saída para a rúa

A Asociación de Veciños e Comerciantes de Trapero Pardo – Barrio da Residencia, vinculada á Federación de Asociacións Veciñais da Provincia de Lugo Lucus Augusti, reclama ao Concello de Lugo que deseñe unha saída para a rúa Trapero Pardo.
Actualmente, esta rúa non ten saída e o seu remate só se emprega como aparcadoiro. A proposta concreta é que o departamento de Enxeñería municipal elimine a barreira de seguridade que impide o tránsito e habilite unha conexión directa da rúa Trapero Pardo coa vía inmediata que está ao seu carón.
Deste xeito, os vehículos poderían acceder e saír da rúa con maior facilidade, mellorando a mobilidade no barrio.