A Asociación de Veciños Centro de Lugo organiza unha ruta micolóxica para desconectar das obras do centro

LugoXa
A actividade gratuíta terá lugar o domingo 26 e busca gozar da natureza sen falar de peonalizacións, buses ou ruídos
obras-centro-de-Lugo-sen-rematar
21 Oct 2025

A Asociación de Veciños Centro de Lugo organiza este domingo 26 unha ruta micolóxica e naturalista pensada para liberar tensións e gozar da natureza tras o malestar xerado polas recentes obras de peonalización no centro da cidade.

A actividade, aberta a todos os veciños, será gratuíta e desenvolverase de forma tranquila, paseando, observando e aprendendo da contorna natural. Con todo, os organizadores establecen unha única condición cordial: durante a ruta estará prohibido falar de obras, peonalizacións, buses, sinais, ruídos ou pavimentos.

A saída será fronte ao restaurante Terras do Miño, no Paseo do Rato, ás 11:00 horas, e a actividade rematará ás 13:30 horas. Os interesados en participar deberán inscribirse previamente enviando un correo electrónico á asociación: vecinoscentrolugo@gmail.com.

⚙ Configurar cookies
0.074337959289551