A Asociación de Veciños Centro de Lugo solicita a restrición do tráfico nas zonas afectadas polas obras

LugoXa
A Asociación de Veciños Centro de Lugo solicita ao Concello  a restricción do tráfico non autorizado nas  zonas afectadas polas obras de peonalización.
inicio obras peonalizacion centro santo domingo
29 Dec 2023

A Asociación de Veciños Centro de Lugo solicita ao Concello  a restricción do tráfico non autorizado nas  zonas afectadas polas obras de peonalización.   Segundo o colectivo, o novo plan de tráfico posto en marcha este xoves por mor do avance das obras de  peonalización do centro, non fixo máis que agravar a xa caótica situación de  circulación tanto de tráfico como peonil nestas zonas.

A asociación considera que a situación compromete xa gravemente a seguridade tanto  de peóns como de vehículos na xa case intransitable Rúa San Marcos, onde xa as  caídas de veciños son constantes, na Rúa Nova, na Praza de Santo Domingo, onde  ademáis a sinalización é moi deficiente, nas entradas aos colexios Quiroga Ballesteros e  La Milagrosa e nestas zonas convivindo os peóns, ademáis de cos vehículos que  acceden debida ou indebidamente, cos distintos vehículos de obra polo medio.

Ante esta situación que compromete xa de xeito grave a seguridade dos veciños, a  asociación solicita ao Concello, ademáis do arranxo inmediato da Rúa San Marcos que  levan pedindo constantemente, a restricción efectiva do tráfico non autorizado,  adoptando as medidas que sexan precisas e coa colaboración da Policía Local.

0.20645809173584