A Asociación de Veciños da Milagrosa denuncia as fochancas e o estado “lamentable” da rúa Dona Urraca

LugoXa
A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa denuncia o estado “lamentable” do pavimento da rúa Dona Urraca.
fochancas_dona_urraca_portada
7 Mar 2024

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa denuncia o estado “lamentable” do pavimento da rúa Dona Urraca. Deste xeito, solicitan á Concellería de Vías e Obras do Concello de Lugo que repare de forma urxente a rúa, “tendo en conta que por ela circulan diariamente un número moi considerable de vehículos, xa que conecta o barrio do Castiñeiro co barrio da Milagrosa e a Piringalla”.

0.19719386100769