A Asociación de Veciños da Milagrosa pide a reparación das marquesiñas dos autobuses
A Asociación de Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa pide a repación das marquesiñas dos autobuses. Dende o colectivo queren dar a coñecer a preocupación que provoca aos veciños e veciñas o “deficiente estado” no que se atopan algunhas marquesiñas dos autobuses urbanos. Unha das máis danadas sitúase na avenida da Coruña, á altura do parque de Frigsa fronte á rúa Monte Faro, “marquesiña con gran nivel de ocupación, que por efectos vandálicos ten roto un dos laterais da cristaleira.
Desde a asociación solicitan que se repare no prazo máis urxente posible, para que estean nas condicións máis idóneas para o seu uso. Ao mesmo tempo, solicitan un mantemento xeral das marquesiñas dos autobuses urbanos, “non só repoñer elementos danados, senón tamén a súa limpeza periódico e permanente, así como a eliminación de carteis”.