A Asociación de Veciños da Milagrosa solicita melloras na Rúa Manuel Murguía

LugoXa
"O lateral dereito en sentido ascendente carece de beirarrúas, o que supón un problema para os peóns", explican
beirarrúa-rúa-Murguía-Lugo
12 Feb 2025

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais do Distrito da Milagrosa insta á Concellería de Vías e Obras do Concello de Lugo a acometer melloras na Rúa Manuel Murguía, debido á ausencia de beirarrúa nun dos seus marxes.

"O lateral dereito en sentido ascendente carece de beirarrúas, o que supón un problema para os peóns", explican, por iso piden que se repare urxentemente esta situación, "xa que por esta rúa transita diariamente un número significativo de persoas e vehículos".

Concretamente, a vía conecta o Barrio da Milagrosa e o Centro co Barrio de Paradai, "o que incrementa a súa importancia dentro da mobilidade urbana da cidade", sosteñen.

Por todo isto, a Asociación de Veciños insiste en que se inclúan as obras necesarias nos orzamentos municipais do ano 2025 para solucionar esta problemática e mellorar a seguridade e accesibilidade da zona.

0.12753200531006