A asociación de veciños da Residencia e o PP demandan máis investimento no barrio

LugoXa
Os populares consideran a obra anunciada é “insuficiente” porque “queda sen mellorar unha importante parte” da contorna da área
veciños-residencia-PP
21 Xul 2024

A asociación de veciños da Residencia e o Grupo Municipal Popular demandan máis investimento municipal no barrio logo de explicar nunha reunión informativa, coa que dan continuidade aos encontros veciñais e á súa escoita activa, o inminente comezo das obras pendentes por parte do Concello que son un compromiso adquirido dende o 2018.

Os populares consideran a obra anunciada é “insuficiente” porque “queda sen mellorar unha importante parte” da contorna da área cos novos servizos no barrio da Residencia; de feito, esquecen a rúa Poeta Crecente Vega”.

Para a portavoz, Elena Candia, esta é “unha situación absolutamente inadmisible desde o punto de vista da imaxe, pero tamén da seguridade”.

Veciños e concelleiros do PP demandan, igualmente, que se cumpran os compromisos que se asumiron por parte do goberno local co barrio: avanzar na nova Comisaria, “da que nada se soubo logo do anuncio de febreiro”.

Sobre este punto, os representantes do Partido Popular informaron que levarán unha pregunta a pleno para obrigar ao goberno local a dar resposta. O barrio tamén demanda reformar e cubrir o parque infantil, a creación dun parque biosaudable e melloras en varias rúas.

O PP repasou o importante investimento da Xunta de Galicia no barrio, a semana que participou nunha xornada de portas abertas na residencia organizada pola asociación e tamén sinalaron o bo avance do aparcadoiro disuasorio

0.1616690158844