A Asociación de Veciños de Fontiñas Norte manifesta a súa preocupación pola paralización da Rolda Este
A Rolda Este é unha infraestrutura moi demandada na cidade que conectaría a Tolda co Hospital Lucus Augusti e que evitaría que uns 5000 vehículos diarios accedesen pola estrada do Parque do Rato ou a Ronda das Fontiñas.
Actualmente estes vehículos están condicionando o desfrute do Parque do Rato e ocasionando problemas de tráfico na Rolda das Fontiñas, unha zona moi poboada da cidade e que recibe gran cantidade de vehículos diarios.
A Asociación de Veciños de Fontiñas traslada o problema a Xunta de Galicia que xa fai mais de un ano anunciaba a licitación deste proxecto e do que non volveron a saber nada mais. Por iso dende a asociación piden coñecer a situación actual do proxecto da Rolda Este así como dos procesos de expropiación para levala a cabo e saber cando se vai a executar a obra e que presuposto se destinará o próximo ano.