A asociación de veciños do Castiñeiro pide a reparación do pavimento en dúas rúas

LugoXa
Poeta Aquilino Iglesias Alvariño e Concello presentan graves desperfectos que afectan á seguridade vial
estrada-mal-estado-Abella
4 Sep 2025

Desde a Asociación de Veciños e Comerciantes Poeta Díaz Castro, pertencente á Federación de Asociacións Veciñais da Provincia de Lugo Lucus Augusti, solicitaron á concellaría de Vías, Obras e Infraestruturas do Concello de Lugo a reparación do pavimento das rúas Concello e Poeta Aquilino Iglesias Alvariño.

Segundo indican desde a asociación, o firme destas rúas atópase nun estado de deterioro moi preocupante, con grietas e desperfectos visibles que xeran molestias tanto a peóns como a vehículos, ademais de representar un risco para a seguridade viaria. As fotografías achegadas pola asociación evidencian estas condicións, que consideran urxentes de solucionar.

A asociación pide que as obras de reparación se leven a cabo canto antes para garantir unhas condicións adecuadas de circulación e seguridade para todos os veciños e comerciantes da zona, confiando en que o Concello de Lugo atenderá esta demanda, que reflicte unha necesidade real e inmediata do barrio.

⚙ Configurar cookies
0.20569014549255