A asociación de veciños Os cinco ríos organiza unha xuntaza de confraternidade
LugoXa
A asociación de veciños do Corgo Os cinco ríos organiza unha xuntaza de confraternidade o vindeiro 2 de abril
27 Mar 2023
O vindeiro domingo día 2 de abril a asociación de veciños Os cinco ríos organiza unha xuntanza de confraternidade.
A celebración dará comezo ás 19.30 no centro sociocultural do Corgo nunha sesión amenizada coa música do grupo Os trastiños do Castelo e co dúo Estrellas.
Están convidados todos os veciños do Corgo, tanto socios como non socios.
Ademais a asociación de veciños pon a disposición unhas rifas para o sorteo dunha figura de cabeza de cabalo en madeira, realizada de forma artesanal e doada por Maside.
Todos aqueles que participen coa compra das rifas contarán con pinchos gratis.