A asociación de veciños Peizal-Outeiro organizou unha comida de confraternidade

LugoXa
O local onde se celebrou o evento foi rehabilitado grazas a estas subvencións, que permitiron acondicionar a antiga casa reitoral para o seu uso
Asociación-de-veciños-Peizal-Outeiro-Lugo
27 Jan 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na comida de confraternidade organizada pola asociación de veciños Peizal-Outeiro no local social da entidade, situado na antiga casa reitoral de San Vicente de Pedreda, en Lugo.

Arias destacou a importancia de encontros coma este para fortalecer o tecido asociativo e agradeceu o labor da asociación na dinamización social da comunidade.

Tamén subliñou o compromiso do Goberno galego coas asociacións veciñais e de mulleres rurais a través das axudas do Plan Específico de Acción Comunitaria, que subvenciona obras de mellora e acondicionamento en locais sociais ou a adquisición de equipamentos para a realización das súas actividades.

O local onde se celebrou o evento foi rehabilitado grazas a estas subvencións, que permitiron acondicionar a antiga casa reitoral para o seu uso como centro de reunións e actividades da comunidade local.

O acto serviu para reforzar a colaboración entre a Xunta de Galicia e as entidades veciñais da provincia, destacando o papel destas asociacións na promoción do benestar e cohesión social no medio rural.

0.169588804245