A asociación de Veciños San Lázaro programa unha excursión a Portugal en abril
A asociación de Veciños San Lázaro está a organizar para o día 6 de abril unha excursión a Portugal. As prazas son limitadas e o prazo para anotarse mantense aberto ata o vindeiro 22 de marzo. Despois da saída da cidade, farán unha parada na Cañiza, achegaranse a Vilanova de Cerveira e visitarán o mercado.
A comida será no restaurante Don Júlio no que gozarán dun menú a base de issóis de carne, rissóis camarão, croquetas de carne, pasteis de bacalhau, pão de manteiga, creme de legumes, bacallau frito con batata rodela e cebolada de pementos e doce de leite con sorbete de morango como sobremesa.
Xa pola tarde, a viaxe continuará por Valença, onde verán A Fortaleza. A actividade ten un prezo de 50 euros para socios, o que inclúe a viaxe en autobús, máis a comida e o seguro de viaxe, e de 55 para os que non o son. Os interesados xa poden facer as súas reservas a través do 614 310 589 por orde de chamada. Máis adiante comunicarase a hora de saída e cando hai que pagar.