A Asociación de Viúvas da provincia de Lugo organiza o Congreso Rexional de Viúvas de Galicia

LugoXa
A xuntanza serviu tamén para avaliar as principais demandas e necesidades do colectivo de viúvas
Reunión-Xunta-Asociación-Viúdas-Lugo
21 Jan 2025

A presidenta da Asociación de Viúvas da provincia, Aurora Carro, reuniuse co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, para abordar a celebración do Congreso Rexional de Viúvas de Galicia.

Así, o evento desenvolverase o 24 de maio no Salón de Actos do edificio administrativo e a organización deste encontro na cidade coincide coa conmemoración do 50 aniversario da creación da agrupación lucense.

A xuntanza serviu tamén para avaliar as principais demandas e necesidades do colectivo de viúvas e para trasladarlles información sobre as accións e programas que o Goberno galego desenvolve para mellorar o día a día e o benestar da cidadanía.

0.17281794548035