A Asociación de Viúvas Julia Minguillón reunirá a arredor de 200 persoas no seu Congreso en Lugo

LugoXa
A entidade lucense organiza este ano o encontro para conmemorar o 50 aniversario da súa creación, e contará coa asistencia da presidenta nacional, Cristina Gómez
Asociación-de-Viúvas-Julia-Minguillón-Lugo
6 May 2025

A Asociación de Viúvas Julia Minguillón reunirá a arredor de 200 persoas no Congreso de ámbito galego que celebrará o 24 de maio na Delegación Territorial da Xunta en Lugo.

A entidade lucense organiza este ano o encontro para conmemorar o 50 aniversario da súa creación, e contará coa asistencia da presidenta nacional, Cristina Gómez, entre outros.

A Xunta colabora coa cartelaría e co concerto do Coro do Hospital no salón de actos, que pechará a xornada a partir das 20.00 horas.

O Congreso Rexional de viúvas comezará cunha misa na Catedral ás 11.00 horas; desde as 12.30 horas desenvolverase o acto oficial no edificio administrativo. O xantar será seguido da actuación do grupo 'La penúltima Sabinera', no hotel Méndez Núñez.

⚙ Configurar cookies
0.20045685768127