A Asociación Gatos Roxos organiza unha charla sobre saúde auditiva

LugoXa
Nela, compartirán coñecementos clave sobre prevención e promoción da saúde auditiva, coa intención de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas
Jaime-Gueimunde,-presidente-de-Gatos-Roxos-As-Gándaras
8 Jun 2025

A Asociación de Veciños Gatos Roxos das Gándaras acollerá o vindeiro 19 de xuño unha charla sobre saúde auditiva organizada coa colaboración de ACOPROS. O acto terá lugar ás 19:30 horas no local da entidade veciñal.

Esta actividade ten como obxectivo principal concienciar sobre a importancia do coidado da saúde auditiva, explicar como identificar os primeiros síntomas dunha perda auditiva e que pasos se poden dar ao respecto.

Ademais, compartirán coñecementos clave sobre prevención e promoción da saúde auditiva, coa intención de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas.

A iniciativa enmárcase nun compromiso pola saúde comunitaria e a divulgación de información útil e accesible para todos os públicos, especialmente nun ámbito como a audición, fundamental para o benestar e a comunicación.

⚙ Configurar cookies
0.30733203887939