A asociación Intelecto organiza en Lugo unha xornada co gallo do Día Internacional das Altas Capacidades

LugoXa
Este sábado a asociación Intelecto organiza en Lugo unha xornada con motivo do Día Internacional das Altas Capacidades.
15 Mar 2024

Este sábado a asociación Intelecto organiza en Lugo unha xornada con motivo do Día Internacional das Altas Capacidades. O colectivo agrupa a familias con fillos e fillas de altas capacidades, habilidades e outras neurodiverxencias asociadas. A actividade desenvolverase no salón de actos da Uned e contará con relatorios de persoas expertas na materia e obradoiros de temática variada -STEM, cociña científica, ciencia, percusión ou ocio creativo- para nenos e adolescentes socios.

O obxectivo é promover a formación e divulgación das altas capacidades. O programa, que conta coa colaboración da Xunta, contará cun relatorio da man de Paulina Bánfalvi sobre as altas capacidades a partir das 10.00 horas. Despois dun descaso, é a quenda de Ana Isabel Fraga que falará sobre a crianza. Ademais dos relatorios, a partir das 17.00 horas, os socios poderán gozar do espectáculo de maxi aco Mago Dani Polo e Lovo  Lavand.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20478987693787