A asociación Lucus fixo un curso sobre micoloxía en Outeiro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
A sesión estivo impartida por Julián Alonso Díaz, presidente da entidade, o cal puido compartir ás persoas asistentes o seu coñecemento sobre o mundo dos fungos
curso-micoloxia-outeiro-de-rei
19 Nov 2024

Outeiro de Rei acolleu un curso de micoloxía que estivo impartido por Julián Alonso Díaz, presidente da asociación micolóxica Lucus, o cal puido compartir ás persoas asistentes o seu coñecemento sobre o mundo dos fungos.

Acudiron ata 20 persoas para poder desfrutar dunha aprendizaxe sobre os fungos existentes na zona, ademais de poder conectar de primeira man coa natureza da zona.

Durante o desenvolvemento do curso, as persoas asistentes puideron aprender a identificar varios tipos de fungos, facendo fincapé sobre todo naqueles fungos non comestibles,

Ademais coñeceron a regulamentación para recolecta de fungos como por exemplo donde poder recoller fungos e a cantidade máxima (2kg por día e persoa) por lei.

Visitaron Pena de Rodas onde puideron avistar varios Lactarius Deliciosus, coñecido comunmente como níscalo ou rebellón.

Destacar que en comparación con outros anos a cantidade de fungos reduciuse con notoriedade. Para concluír, o curso levouse a cabo con éxito, convertido así a xornada nunha interesante e natural sesión de aprendizaxe no Concello de Outeiro de Rei.

0.21336507797241