A Asociación Lugo Monumental fixo entrega dos premios do concurso de decoración de Nadal

LugoXa
A Asociación Lugo Monumental expresou o seu agradecemento a todos os participantes polo seu entusiasmo, e realizou unha mención especial ao xurado
premios-decoración-Lugo-Monumental
3 Jan 2025

A Asociación Lugo Monumental fixo entrega dos premios do concurso de decoración de Nadal en Isabel Ares Peluqueiros, establecemento gañador do primeiro premio.

O xurado estivo integrado por persoas de recoñecido prestixio nas súas respectivas profesións, todas relacionadas co deseño ou coa promoción da cidade, sendo totalmente alleo á directiva e aos asociados de Lugo Monumental, agás a gañadora da edición anterior, que participou nesta edición.

Así, o xurado estivo composto por Fernando Villalba, en representación da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón; Guido Álvarez, coñecido como Guido Guía, guía turístico; Diego Anido, artista urbano coñecido como Diego As; e María Isabel García, en representación de Confeccións García, gañadora do primeiro premio na edición pasada.

Durante a deliberación, producíronse empates tanto no primeiro posto coma un triplo empate no segundo lugar, o que evidencia a gran calidade das decoracións de Nadal presentadas este ano.

Finalmente, o primeiro premio, dotado con 300 euros, foi para Isabel Ares Peluqueiros; o segundo premio, de 200 euros, foi outorgado a Artesanía Trikel; e o terceiro premio, cunha dotación de 100 euros, recaeu en Koleccioname.

A Asociación Lugo Monumental expresou o seu agradecemento a todos os participantes polo seu entusiasmo, e realizou unha mención especial ao xurado polo seu esforzo e compromiso nunha tarefa que cualificaron como complexa debido ao alto nivel das propostas presentadas nesta edición do concurso de Nadal.

0.16916584968567