A asociación Lugo Monumental propón un Plan de excavacións para o casco histórico de Lugo

LugoXa
A asociación Lugo Monumental propón ao Concello de Lugo e á Xunta de Galicia un Plan de Escavacións dentro do casco antigo
lugo muralla_centro_vista
9 Nov 2022

A asociación Lugo Monumental propón ao Concello de Lugo e á Xunta de Galicia "levar a cabo un Plan de Escavacións do Centro histórico de Lugo, unha proposta tan sinxela como efectiva para impulsar a rehabilitación da zona".

Dende a asociación plantexan "adiantar as escavacións e realizalas xa en todos os solares e nos locais que os propietarios poñan a disposición, de forma que poidan planificar o futuro desas parcelas sabendo os restos que poidan ter". E para levar a cabo este proxecto dende Lugo Monumental "proponse executar a partida orzamentaria que o PEPRI recolle desde os anos noventa de 1,2 millóns de euros, e que nunca se executou. Hoxe, co IPC acumulado desde a aprobación daquela norma, supoñerían máis de 2,1 millóns de euros".

Segundo a asociación un dos problemas máis graves do Centro histórico á hora de rehabilitar un edificio ou construír nunha parcela é "o probable perigo, entendido desde o punto de vista do  investimento a realizar, de atopar restos arqueolóxicos, xa que a escavación corre a cargo do promotor pero o que poida aparecer é propiedade da administración". Lugo Monumental está "a favor da escavación, estudo e conservación do noso patrimonio, pero tamén de buscar solucións para os propietarios que hoxe día non se atreven a rehabilitar os seus inmobles xa que corren un serio risco de ruína económica. Por poñer un exemplo, a Universidade tivo que gastar varios millóns de euros e modificar o seu proxecto inicial ao aparecer a Domus do Mitreo, un gran ben cultural para Lugo pero que supoñería a ruína para calquera particular que se atopase cunha situación semellante".

O Plan de Escavacións do Centro histórico de Lugo que propoñen consiste "en ofrecer a todos os propietarios que o desexen a realización dunha escavación arqueolóxica nos locais baleiros e os solares que poñan a disposición deste proxecto". Desta forma según a asociación lograranse  obxectivos como "avanzar na compresión e estudo tanto do Lucus Augusti como da cidade medieval, aclarar definitivamente para os locais e parcelas afectadas a súa situación ou unha considerable redución dos custos".

Para a asociación "parece lóxico que esta carga se traslade ás administracións responsables do Patrimonio as que, ademais, serían as titulares dos posibles achados arqueolóxicos que se poidan atopar".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15906500816345