A asociación Os Xígaros de Lugo celebra unhas xornadas de portas abertas en Castelo

A Asociación Cultural Os Xígaros de Lugo organiza este sábado 6 de setembro unhas xornadas de portas abertas dirixidas a toda a veciñanza que queira coñecer de preto a súa actividade. O encontro desenvolverase no local sociocultural da antiga escola de Castelo, a partir das 20:00 horas.
A iniciativa busca fomentar a participación cidadá e achegar a música e o baile tradicional galego a novos membros e persoas interesadas.
Durante a cita haberá demostracións de instrumentos como a pandeireta, o tamboril ou a gaita, ademais de exhibicións de danza, co obxectivo de animar o público a probar e unirse á asociación.