A asociación Rente ao Couce organiza un club de lectura

LugoXa
Rente ao Couce organiza en Becerreá unha nova actividade mensula que será un club de lectura que comeza este venres 27
Club Lectura rente ao couce portada
23 Xan 2023

A asociación cultural Rente ao Couce organiza unha nova actividade mensual que terá lugar os venres e será un club de lectura.

O inicio desta actividade será o próximo venres 27 de xaneiro ás 18.30 no bar Centro Becerreá.

Nesta ocasión o club de lectura contará coa presenza de Toño Núñez nunha sesión de contacontos para nenos e nenas.

Ademais haberá acompañamento musical de José Manuel do Castro.

Cada mes será un autor e un bar diferente.

Club Lectura rente ao couce 2
0.13429093360901