A asociación Río Miño actuará nas festas de Soengas, en Portomarín

LugoXa
Soengas, en Portomarín, celebra as súas festas do Santiago os días 20, 21 e 25 de xullo
asociación_cltural_rio_miño
14 Xul 2024

Soengas, en Portomarín, celebra as súas festas do Santiago os días 20, 21 e 25 de xullo. O programa arranca o sábado ás 13.00 horas con misa solemne, sesión vermú co grupo Puzzle, que tamén estará na verbena acompañado do Dj Carballas. O domingo haberá misa solemne e sesión vermú co grupo de gaitas Río Miño.

O Día do Sntiago, o xoves 25, os veciños e asistentes poderán gozar dunha sesión vermú cun grupo musical que amenizará a xornada, seguida dunha churrascada popular. A romaría conta coa colaboración da Deputación de Lugo.

0.20205497741699