A Asociación Rioplatenses de Lugo lanza o seu 'Verán Cultural' con música e lembranzas do Río da Prata

A Asociación Rioplatenses de Lugo organiza este mes de agosto un ciclo de actividades culturais baixo o título Verán Cultural, coa colaboración do Concello de Lugo a través da súa Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.
O programa inclúe concertos e espectáculos que achegan ao público lucense sons e historias da rexión do Río da Prata.
As actividades desenvolveranse na Casa das Asociacións "María Mariño", situada na rúa Monte Faro número 2, e contarán coa participación de artistas internacionais e locais.
O ciclo comezará o sábado 9 de agosto co concerto de Mono Banegas, e continuará o domingo 24 coa "Noite da Nostalxia (Uruguay)", unha velada que promete emoción e lembranzas da terra uruguaia. O peche terá lugar o venres 29 cunha actuación do Rossini-Marziali-Chappet Trío, que traerá unha proposta musical de fusión e calidade.
A Asociación Rioplatenses de Lugo, cunha traxectoria destacada na difusión da cultura riopratense na cidade, aposta por un verán cheo de encontros culturais, música en directo e conexións entre continentes.