A Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy organiza unha charla sobre crianza para previr o acoso

LugoXa
A sesión será impartida por Olaia Otero Cao, mestra de Educación Infantil, facilitadora de Disciplina Positiva e orientadora familiar da propia asociación
instalacions-antonio-gandoi
27 Nov 2025

A Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy acollerá o vindeiro sábado, 29 de novembro de 2025, ás 11.00 horas, a charla titulada “Unha crianza que axuda a previr o acoso”, dirixida a familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos e a todas aquelas persoas interesadas en atopar un espazo no que aprender, compartir, resolver dúbidas e orientarse na crianza.

A sesión será impartida por Olaia Otero Cao, mestra de Educación Infantil, facilitadora de Disciplina Positiva e orientadora familiar da propia asociación. O encontro terá lugar no local da entidade, situado en Garaballa de Arriba, 9.

A inscrición ten un custo de 20 euros por familia, cun prezo reducido de 15 euros para quen participe nos Espazos das familias. As persoas interesadas poden solicitar máis información ou reservar praza chamando aos teléfonos 982 216 001 e 629 612 897, ou escribindo a antoniogandoyeducacion@gmail.com.

⚙ Configurar cookies
0.073297023773193