A Asociación Trapero Pardo solicita a reparación urxente de varias rúas do Barrio da Residencia
A Asociación Trapero Pardo do Barrio da Residencia solicitou formalmente á concellarías de Vías, Obras e Infraestruturas que inclúa nos Orzamentos de 2025 a reparación de diversas rúas do barrio que presentan un estado deplorable tanto nas súas beirarrúas como no firme das vías.
Entre as rúas afectadas atópase Rúa Pomar, cuxo firme está en moi mal estado; Rúa José Crende Vega, que carece de beirarrúas nun dos seus laterais e o seu firme tamén está deteriorado; Rúa Serra de Gañidoira, cuxas beirarrúas son moi antigas e precisan ser renovadas; Rúa Tino Prados, que non ten beirarrúas e o seu firme presenta numerosos baches; e Rúa Trapero Pardo, onde as beirarrúas están en mal estado.
Desde a Asociación Trapero Pardo insisten na necesidade dunha reforma integral do Barrio da Residencia, centrada especialmente nestas rúas. A petición busca garantir a seguridade e comodidade dos veciños, mellorando as infraestruturas do barrio nos próximos orzamentos municipais.